Información importante acerca das entradas en relación coa situación sanitaria:

 

1.- As entradas mércanse por mesas de 2, 4 e 6 persoas. O prezo da entrada inclue o acceso ao recinto e unha mesa de uso exclusivo para as persoas que a conforman.

2.- A asignacion de mesas realizarase cada un dos días do festival por orde de chegada ao recinto, non podendo reservarse unha ubicación concreta con anterioridade. Unha vez asignada unha mesa, poderase dispoñer dela durante todo o día.

3.- Poderase consumir comida e bebida na mesa asignada. Mentres se permaneza de pe ou en desprazamento polo recinto do festival, será obligatorio o uso de máscara e non se permite o consumo de comida ou bebida.

4.- Os menores de 12 anos non deben mercar entrada. Os seus acompañantes maiores de idade que sí deberán mercala, terán que indicar no momento da compra as cadeiras adicionais para menores de 12 que necesiten. Deberán solicitarse as cadeiras adicionais reservadas no momento de ser acomodados dentro do recinto.

5.- Os rapaces e rapazas de entre 12 e 15 anos incluidos deberán asistir acompañados dun responsable e deberán mercar entrada. Os rapaces e rapazas de 16 e 17 anos poderán acceder sos e soas, presentando na taquilla o permiso paterno que poden desargar no momento da compra.

6.- As restriccións e normas de índole sanitaria polo COVID-19 poderán cambiar en calquera momento de acordo á situación normativa vixente nos días previos ao festival.