O Loro Facu naceu no ano 2016 dunha forma moi modesta e con moitísimo esforzo.


Contamos co voso apoio desinteresado en todo momento para poder celebralo. É por iso que sempre estaremos agradecidos e en débeda con todos os veciños e veciñas.


Nesta edición non contamos con zona de acceso libre, de modo que todos os asistentes deberán ter pulseira para asistir e, polo tanto, gustaríanos ofrecervos un prezo reducido na entrada a todos vós.


Facu era o loro máis famoso de Miño. E entre todos fixemos do seu recordo algo eterno. Grazas!